miércoles, 24 de diciembre de 2008

Folerpas

Folerpas nos ollos
sen causa aparente
á deriva do vento
a cabalo do solpor
(un incesante deambular)

Folerpas nos cabelos
peso dun pasado
que asoma
de cando en vez
(invitado inoportuno de rudos modais)

Folerpas no sorriso ausente
beizos xeados, fendas de sal

Á luz da fogueira,
á calor do sol,
licuareite,
licuareinos.

Sonos ao agocho
do teu abrigo
e morno espertar.

Ónde estar mellor,
que co meu pequeno
desastre animal?



"...how about it?"

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Folerpas, preciosa palabra (así me llamaba mi padre de pequeña...)

Anónimo dijo...

Esta foto es realmente increíble...